BVG Atrás Índice de Páxinas |
Corpo |
||
(peito) |
v4emmapedreirapeito.html
talvez
presinto
un animalario de sons
de froita insomne que se abre brutal e inquisidora
de peixes que se anoan e percorren
un espacio líquido de baleas en silencio
e no centro
incrustada
unha vexetación selvática ignífuga
(eu diría que da mesma maneira
no teu peito se esconde un corazón-pirámide)
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |